 
Ao longo da súa historia, a ETA anunciara outros cesamentos de fogo aos que renunciou posteriormente.
A primeira vez: 28 de xaneiro de 1988   
  Foi realizada poucos días antes da sinatura entre os partidos do pacto de Ajuria Enea, acordo que tiña a fin da "pacificación e normalización de Euskadi". A tregua marcaba un prazo de dous meses e rematou pouco despois do secuestro do empresario Emiliano Revilla.   
  
  O 8 de xaneiro de 1989 
  Anuncio de cesamento de fogo por un prazo de quince días. Nese período producíronse as conversas de Alxer. A ETA tardou tres meses en volver anunciar que volvía ás armas.   
  
  O 10 de xaneiro de 1992 
  A ETA anuncia nun comunicado un cesamento de fogo durante dous meses. A decisión coincide co acordo para a modificación d polémica autovía de Leizarán e coa detención de importantes membros do grupo, entre eles o presunto líder Francisco Múgica Garmendia.   
  
  O 23 de xuño de 1996 
  Apenas catro meses despois de que o PP saíse vencedor das eleccións xerais. Rematou cun dos asasinatos de maior impacto social, o de Miguel Anxo Blanco, concelleiro do PP en Ermua.   
  
  O 16 de setembro de 1998   
  Cesamento de fogo "incondicional e indefinido" que chegaba despois do acordo de Lizarra, visto como un importante punto de inflexión no escenario político vasco. Por vez primeira, o contorno da esquerda abertzale fala do avance cara ao protagonismo do camiño unicamente político e a aposta pola desaparición da violencia. O goberno de José María Aznar mantivo negociacións coa ETA durante este tempo.   
  
  O 22 de marzo de 2006 
  Cesamento de fogo "permanente". O goberno español inicia contactos coa ETA e leva o debate ao Congreso onde solicita o apoio de todas as forzas políticas en favor do proceso de paz. Todas as forzas votan a favor agás o PP que converte o conflito no seu principal tema de confrontación electoral.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto