 
O actual senador do Partido Popular dixo que o comunicado pon de manifesto que o Executivo español "estivo equivocado dende o primeiro momento".
O ex presidente do Goberno e senador popular Manuel Fraga Iribarne amosouse esperanzado en que "o pobo español recapacite sobre onde están os seus intereses" de cara ás eleccións xerais, despois de que a ETA anunciase na madrugada desta terza a ruptura da tregua. 
  Así se pronunciou Fraga en declaracións aos xornalistas minutos antes de acudir a un almorzo co embaixador de EUA no Estado, Eduardo Aguirre, organizado pola axencia de noticias Europa Press. 
 Cambio de actitude nos fiscais 
Ao seu xuízo, o comunicado da organización terrorista é testemuña de que o Executivo español estivo "equivocado dende o primeiro momento", como así quedou demostrado, segundo salientou, co atentado da T4. 
Neste senso, o ex presidente subliñou a necesidade de que o goberno español "troque as instrucións" aos fiscais, e tome as medidas oportunas para loitar contra a ETA. Nese camiño, engadiu, contará co apoio do PP.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto