 
 
A lexislación impídelle chamarse 'Universidade', polo que a súa constitución está paralizada temporalmente.
 
											O proceso de constitución da Universidade Autónoma do Atlántico (Uniat) está paralizado por unha incompatibilidade coa lexislación. A Subdirección Xeral de Universidades advertiu os promotores da iniciativa do conflito que provoca a súa denominación, pois a Lei de Universidades non lle permite o uso de termos como universidade, reitor e vicerreitores. 
  Os responsábeis da Uniat esperan poder definir esta mesma semana unha alternativa que sexa harmoniosa co actual marco lexislativo. Mentres, queda conxelado temporalmente o proceso de constitución. O proxecto seguirá a ser unha plataforma de ensino articulada baixo a fórmula de federación de entidades privadas sen ánimo de lucro, aínda que a súa denominación xa non será Universidade, senón que podería ser Escola ou Instituto. 
  No entanto, mantense o acto de presentación definitiva da organización para o 16 de xuño en Taragoña (Rianxo), e os cursos de verán das universidades de Santiago e Menéndez Pelayo, aínda que a plataforma xa non terá presenza formal neles. 
  O representante do consello reitor da institución, Joám Evans, desculpouse pola posíbel confusión que se puidese xerar no marco do sistema de ensino superior galego, e quixo deixar claro que a iniciativa “en ningún momento se pretendeu camuflar como unha universidade convencional”.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto