 
O voceiro de Batasuna cre que o comunicado desta terza non significa que "todo rematou" e que "o proceso é posíbel".
O portavoz de Batasuna Arnaldo Otegi dixo que a responsabilidade da ruptura do cesamento do fogo "corresponde única e exclusivamente a ETA", malia manifestar que "o fracaso e o colapso do chamado proceso de paz é responsabilidade do goberno español e do PNV".   
Otegi ofreceu unha conferencia de prensa en Donostia xunto con Pernando Barrena e Marije Fullaondo na que asegurou que, malia a "grande preocupación" que poida xerar a ruptura da tregua, non se lle debe transmitir á cidadanía que "todo rematou" porque "hoxe o proceso é posíbel neste país".   
Otegi sinalou que a esquerda abertzale "se reafirma ao pé da letra na proposta de Anoeta" e engadiu que "as treguas e os climas de distensión forman parte do proceso mais non son o proceso".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto