 
A conselleria de Cultura e Deporte e a de Educación e Ordenación Universitaria realizaron unha recepción conxunta ao equipo compostelán, que acaba de ascender á LEB.
 
											Nun momento do encontro
Os rapaces do Beirasar foron felicitados na terza feira por Ánxela Bugallo, quen ademais, os animou a "manter a capacidade de esforzo e de traballo en grupo", e recalcou que o papel desempeñado polo Rosalía contribúe directamente "a que se viva un momento tan doce para o deporte galego".
A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, tamén estaba presente no encontro cos xogadores da equipa compostelá, e deulles azos para seguir polo bo camiño.
O Beirasar vén da acadar o descenso á liga da prata do baloncesto estatal nun partido celebrado a cuarta feira 28 de maio contra os ourensáns do COB, aos que gañaron por só sete puntos moi sufridos, conseguidos na segunda parte.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto