 
Os grupos galegos actuarán na festa que organiza cada ano a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro.
 
											Será no parque de Can Mercader, o espazo onde a entidade galega de Cornellà organiza anualmente a súa festa. Como todos os anos, alén da tradicional entrega institucional da Ofrenda Floral ao monólito a Rosalía de Castro, ás 11.30 h do sábado 9, e os espazos gastronómicos e as actuacións folclóricas a cargo das entidades da Federación de Entidades Galegas en Catalunya, que enchen os días da fin de semana, tamén se poderá gozar das noites de verbena e de actuacións musicais. 
  Venres, 8 de xuño, ás 23 h.   
  Noite da Mocidade: Concerto dos grupos Ruxe Ruxe e Leilía. 
  
  Sábado, 9 de xuño, tarde e noite. 
  Gran Baile coas orquestras: Ledicia (Ourense) e Tarantela (Navarra). 
  
  Domingo, 10 de xuño, ás 20.30 h. 
  Actuación do grupo de folk galego Neirela. 
  Orquestra LEDICIA de Ourense. 
  
  Máis información de todos os actos: 
  Asociación Cultural Rosalía de Castro 
  Frederic Soler, 71. 
  08940 Cornellà 
  Telf.: 93 375 11 03 / 10 54
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto