 
Catro descoñecidas fan a viaxe de Barcelona a Catoira para gozar da festa viquinga.
Catro actrices novas, que se descoñecen entre elas, fan a viaxe de Barcelona a Catoira seguidas por unha cámara dixital, sen un guión definido. Segundo conta o director do filme e de PVC Teatro, Óscar Vinilo, é un documental da "vida de 4 mulleres durante 7 días, qué pensan sobre la vida, o sexo, o mundo das artes escénicas, a morte. Documéntase a festa do desembarco viquingo na poboación de Catoira. É diversión e é emoción." 
  
  Entre o documental, o road movie ou o reality show, a entradiña desta nova parece ser a sinopse do filme, o primeiro rodado segundo o "Postdogma", definido na web da película como o novo Dogma segundo o cal só hai una norma: "se tes os medios, fai o que queiras coa película, toques, retoques, música, montaxe..." 
  
  O traballo é o resultado de máis de 20 horas de filmación nos sete días de viaxe. Conta cunha basta banda sonora con algún temas de grupos galegos, como o "Berbés" de Cenk ou "Cangas do hostiazo" d'O Jarbanzo Negro. 
  
  Descoñecendo o resultado, se cadra pode ser unha boa brincadeira mentres se agarda ver o arroutado desembarco viquingo en Catoira, recomendábel para quen non poida visitar as Torres do Oeste os primeiros días de agosto. 
  
  Estrea do filme: Barcelona-Catoira 
  Dirección: Oscar Vinilo 
  Reparto: Lorena Esteban III, Montse García i Amat, Patricia González Tamayo, Yaiza Clavijo Rangel 
  Duración: 90 minutos. 
  Sinopse: Catro descoñecidas fan a viaxe de Barcelona a Catoira para gozar da festa viquinga. 
  
  9 de xuño de 2007, 20:45 h 
  
  Lluïsos d'Horta 
  Feliu i Codina, 7 | Barcelona 
  
  Metro: Liña 5 - Horta / Liña 3 - Valldaura. 
  Autobuses: 10, 39, 45, 86, 87 i 185. 
  
  Entrada: 2 euros
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto