 
 
O combate á pobreza, a defensa da paz ou a protección da diversidade cultural..., son metas en favor das cales colectivos de todo o mundo piden mudar a ONU, o FMI ou o Banco Mundial.
"Como cidadáns proclamamos que un mundo máis xusto é posíbel e reclamamos o noso dereito democrático a participar nas decisións globais que lle afectan ás nosas vidas". Durante a presentación desta campaña mundial en Galiza, Manuel Dios, do Seminario Galego de Educación pola Paz, subliñou a necesidade de que a reforma solicitada para as institucións sexa "profunda" para axudar a poñer en marcha ese outro "mundo posíbel". 
  
  Centos de colectivos de todo o mundo e ducias de persoeiros apoian xa a iniciativa. Varios Nobel da Paz: Adolfo Pérez Esquivel, Rigoberta Menchú e José Ramos Horta. Os Nobel de literatura Gabriel García Márquez e José Saramago, o intelectual Noam Chomsky, o teólogo Leonardo Boff... 
  
  En Galiza comeza agora a campaña para sumar apoios en favor da idea. En Compostela estiveron este mércores os representantes das entidades promotoras no noso país: Manuel Dios, do SGEP; Xabier Macías, da Fundación Galiza Sempre; Uxío Breogán, da FESGA; Roberto Mansilla, do IGADI; Manolo Barbeitos, da Fundación Luís Tilve; e Miguel Anxo Fernández, de Xustiza e Igualdade. Apoian tamén o proxecto Esculca, o IGESIP e a Coordinadora Galega de ONGs.   
  
  Cara a ese desafío, será clave que o maior número posíbel de actores sociais se involucre no proxecto. Os asistentes destacaron a idea da construción dun movemento social e político forte que presione para a aparición de procesos de reforma a nivel internacional. Nese camiño, aumentar a concienciación en favor de mecanismos de representación máis democráticos será fundamental.   
  
  Toda a información na web oficial da campaña: Reformcampaign.org.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto