 
 
O Consello de Goberno aprobou a sinatura dun convenio entre a consellaría e varias empresas do sector.
O Consello da Xunta autorizou este xoves a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellaría de Innovación e Industria e as empresas Unión Fenosa, Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, BEGASA, e a Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía Eléctrica de Galicia, APYDE, para a mellora da calidade da subministración eléctrica do país de 2007 a 2009. 
  Este convenio é unha reedición do subscrito por Industria e as tres distribuidoras eléctricas en 2006. Con el preténdese a mellora da subministración eléctrica naquelas zonas rurais aínda deficitarias neste eido. O investimento previsto no convenio ascende a 60 millóns de euros, dos que as empresas achegarán 33 e a Xunta os 27 restantes. 
Ao abeiro deste acordo, subvencionaranse obras nas redes de media e baixa tensión, incluíndo centros de transformación e automatización. Segundo recolle o convenio, as actuacións desenvolveranse aplicando as solucións técnicas máis axeitadas en cada caso, que garantan a calidade da subministración de cada zona.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto