 
Dende esta terza, o museo Barbican de Londres acolle unha exposición dedicada ao movemento artístico nado baixo a influencia do 'punk'.
Co gallo do trixésimo aniversario da aparición do disco God Save the Queen, dos Sex Pistols, o museo londiniense Barbican reúne nunha exposición 150 obras de máis de trinta artistas, tal como esculturas, fotos, películas, pinturas e collages. 
Dedicada ao movemento artístico nacido baixo a influencia do punk, a mostra, chamada Panic attack!, permanecerá aberta deica o 9 de setembro. 
  Estados Unidos e Gran Bretaña
Kate Bush, directora do museo, sinalou que esta "é a primeira exposición que explora con profundidade" o movemento. "Puxemos igual atención tanto ao que pasou en Estados Unidos, como en Gran Bretaña nos anos setenta e oitenta, cando xurdiu o fenómeno", dixo. 
A mostra conmemora a aparición do disco God Save the Queen, dos Sex Pistols, unha versión transgresora do himno nacional británico, que causou un gran escándalo en Europa dende a súa publicación o 27 de maio de 1977.
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto