 
Con este título, a retranca furafolleira presenta os relatorios dos científicos da "R.A.G.A. da Chaqueta (Realytichou Academy Ghaleja)".
Sen adiantarnos o programa nin comunicarnos os nomes dos relatores de "Buscando a M. M. desesperadamente", Furafollas Agrupación Teatral suxírenos algunhas pistas coas preguntas ás que responderán os profesores da R.A.G.A: Quen é M.M.? A que responden as iniciais M.M.? M.M. ten algo que ver con M., a xefa de James Bond do 007? Acaso M.M. é unha montaxe de Novo-na-eyra do Trigo? Ou en realidade M.M. agochan a identidade do poeta Manolito María? Marughita Maio ou María Madalena "Ortiz"? Marilyn Monrrroe ou Manoliño Murguía? 
  As actuacións de Furafollas deste curso cadran coa temática transversal "Ano da Muller e da Memoria" de Rede.cat, da cal forma parte a agrupación teatral. 
  
  Actuación de Furafollas: Buscando a M. M. desesperadamente 
  
  Mércores, 13 de xuño de 2007, 20.30 h 
  
  Galería Sargadelos Barcelona 
  Provença 274, 08008 
  Tel.: 93 215 03 68
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto