 
 
O documento pretende achegar o sector ao marco lexislativo internacional e promover unha oferta de calidade potenciando a identidade do país.
Os representantes do sector turístico coñeceron este martes o borrador da nova Lei de Turismo de Galiza. O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o director xeral de Turismo, Rubén Lois, foron os encargados de presentar en público o documento, acompañados do xerente de Turgalicia, Xesús Pereira. 
  A nova lei considera o turismo como un sector estratéxico para a economía do país, polo que pretende homologalo ao contexto internacional. Así, os seus obxectivos son, asemade, xerar emprego e acadar un desenvolvemento sustentábel. Ademais, terá en conta a protección dos usuarios e dos recursos turísticos. 
  Todos estes cambios fixeron preciso redactar un novo marco lexislativo para o sector. O documento parte da idea de que o turismo de calidade é o único que permite conseguir ganancias estábeis de competitividade no sector, mediante unha mellora da produtividade e non reducindo os prezos.   
  Tamén fai fincapé na profesionalización e autorregulación do sector, pero respectando e garantindo os valores propios da identidade galega, destacando os elementos diferenciadores e convertendo Galiza en marca de calidade. 
  Entre os aspectos novidosos tamén destaca a creación dunha rede galega de oficinas de turismo e unha mención ás comunidades galegas no exterior para acadar acordos en materia turística. Os axentes do sector poderán facer alegacións ao borrador para que continúe a súa tramitación até a aprobación no Consello da Xunta.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto