 
A compañía da mazá ten lista unha versión de proba do seu Safari para computadoras cos sistemas operativos XP e Vista
 
											Na conferencia de apertura da convención de desenvolvedores de Apple, que se está a celebrar en San Francisco (EEUU), o presidente executivo de Apple Inc., Steve Jobs, dixo que a súa compañía creou unha versión do seu navegador de Internet Safari, o número tres do mercado, para os usuarios do sistema operativo Windows, co obxectivo de gañar participación.
 
 Os ordenadores que utilizan o sistema operativo Windows, de Microsoft, poderán usar desde agora unha versión do explorador de internet Safari, de Apple, anunciou Jobs.
 
 O executivo citou cifras da industria que mostran que Safari, que actualmente opera nos sistemas operativos das computadoras Macintosh de Apple, ten un 4,9% do negocio de navegadores. A Internet Explorer de Microsoft ten un 78% do mercado, mentres que o segundo, Firefox, ten preto dun 15%.
 
 "Encantaríanos que a participación de mercado de Safari medrase substancialmente," dixo Jobs nunha conferencia sobre desenvolvemento de software, na que se enfocou nos servizos do novo sistema operativo que lanzará, chamado Leopard.
 
 O novo explorador competirá coa Internet Explorer, de Microsoft, líder no mercado cun 78% de usuarios, e Firefox, da Fundación Mozilla, segundo os datos citados polo directivo de Apple.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto