 
Alberto Dafonte envíanos un vídeo para o certame Unha imaxe para o galego inspirado nun spot publicitario. 
  
Xa falta menos para que se peche a recepción de candidaturas para o concurso que procura a imaxe do galego en 2007. O domingo 17 xa non se poderán enviar máis imaxes nin vídeos, polo que o público de Vieiros se está a dar présa a ateigar caixa de correo da nosa redacción. Consultade as bases e os traballos que xa chegaron, que cada vez son máis. 
  A última incorporación ao apartado de vídeos, que parece que está a custar algo máis, é a deste traballo que nos manda dende Pontevedra Alberto Dafonte. Nel, parodia un coñecido anuncio televisivo dunha marca de automóbiles, trasladado á nosa lingua, que se demostra útil para facer o mesmo ca calquera outro idioma. Pasemos un bo anaco repasando a xeografía brasileira coa música de Ana Kiro... 
  
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto