 
Ao Celta de Vigo non lle queda outra que conseguir os tres puntos este domingo, e contar con que ou Betis ou Athletic fallen: A permanencia en xogo.
 
											O Celta xoga a permanencia este domingo / Foto: www.mundoceleste.ch
O Real Club Celta de Vigo afronta a última xornada de Liga coa necesidade dunha vitoria ante o Xetafe CF este domingo (17:00 horas) na derradeira xornada da Liga de fútbol profesional. Mais non depende só de si mesmo para rematar cantando a Rianxeira. 
  Nun estadio de Balaídos que rexistrará un cheo histórico, os homes de Hristo Stoitchkov deberán vencer aos madrileños e agardar que a fortuna lle traia resultados favorábeis noutros campos. Así, ben o Athletic de Bilbao ben o Betis de Sevilla, teñen que empatar ou perder os seus respectivos enfrontamentos co Levante de Valencia e co Rácing de Santander, respectivamente.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto