 
 
A portavoz de Igualdade, Ana Pontón, presentou en conferencia de prensa unha proposición non de lei que se debaterá no pleno, sobre a defensa dos dereitos dos homosexuais.
A deputada defendeu a importancia de "impulsar medidas que combatan a homofobia". A proposta suxire, entre outras medidas, a inclusión de cláusulas nas ordes de axudas e subvencións que impliquen que se poderá retirar ou denegar cando a entidade promova a homofobia.
Segundo Pontón, é moi importante que dende as institucións públicas "se realice un labor de visibilidade e concienciación", para desmontar os prexuízos homófobos. A iniciativa tamén subliña a necesidade de focalizar as medidas no ámbito da mocidade. Na formación do persoal técnico de xuventude e mediadores xuvenís deben figurar contidos sobre a homosexualidade, para axudar, "a que os e as adolescentes que viven a súa condición sexual de xeito problemático poidan superar esta situación".
Esta proposta insta tamén a recuperar a memoria das persoas que foron perseguidas polo franquismo pola súa condición sexual e a abrir un debate sobre a discriminación no eido laboral. Tamén suxire realizar campañas e declaracións de condena e repulsa pública das actitudes homófobas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto