 
Krasis desenvolve ferramentas de marketing e teleformación.
 
											Logotipo da compañía viguesa
Krasis, unha empresa de software baseada en Vigo, anuncia a apertura en Londres dunha nova oficina. A firma quere así espallar o mercado dos seus produtos, entre os que destaca un programa (MAILCast 4.0) de mercadoctecnia a través do correo electrónico.
A compañía, fundada hai sete anos en Galiza, está especializada na teleformación e na mercadotecnia directa a través de internet. Krasis conta con sedes en Vigo, Madrid e, agora, na capital do Reino Unido.
O MAILCast -empregada por varias empresas europeas segundo di Krasis- está orientado ao envio masivo de correos electrónicos. Ademais, facilita saber se os envíos son efectivos. É decir, permite saber se os receptores dos emails reciben, abren  e responden aos correos, entre outras funcións.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto