 
 
O presidente do Goberno ocupa a portada do diario portugués. Nunha extensa entrevista analiza a "invejável" economía galega.
O Jornal de Notícias publica este luns unha entrevista co presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño. "A economia da Galiza cresce a um ritmo invejável. Emilio Pérez Touriño, o socialista que preside à Junta da Galiza desde 29 de Julho de 2005, explica, em entrevista ao JN, as razões da pujança". Deste xeito o diario presenta aos seus lectores a Pérez Touriño. 
  
O cuestionario de claro contido económico non aborda nin temas identitarios nin de soberanía nin relacionados co nacionalismo. No entanto o presidente cualifica "a experiencia española" do Estado das Autonomías como "extremadamente positiva".   
  
"A descentralización axudou a mellorar o ritmo, a marcha, a autoconfianza, a estabilidade, etc. E iso é cuantificábel en termos económicos", sinala Touriño quen, ademais, nun momento da entrevista fai referencia ao seu "antecesor" no cargo para falar da "autoidentificación" dos galegos co país.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto