 
 
O presidente provincial amósase disposto a se presentar á reelección se o partido o ve necesario asegura que permanece.
 
											Xosé Luís Baltar Pumar
O presidente da Deputación de Ourense e do PP provincial, Xosé Luís Baltar, reafirmouse este martes como “necesario” para a súa formación política e asegurou que permanecerá nos malos momentos. “Eu sempre dixen que, cando as cousas non van ben, non abandono o barco”. 
  Baltar declarou a Europa Press que se cre “necesario neste momento” e amosouse disposto a se presentar de novo á presidencia do partido a nivel provincial no vindeiro congreso da formación “se o partido así o estima”. 
  Malia isto, por agora “non hai vontade de que se celebre”, debido a que o PP está xa a preparar as eleccións xerais do 2008. Tamén lembrou que os congresos provinciais adoitan estaren precedidos doutros a nivel estatal e autonómico, mais se ve preparado para poñerse “a disposición do que diga o partido”. 
  Polémica na Mezquita 
Ademais, Baltar negou que exista oposición ao nomeamento do ex-alcalde da Mezquita, Francisco Montesinos, como deputado provincial. “A postura dos alcaldes é favorábel”, dixo, a pesar de que 59 militantes e simpatizantes da agrupación local ameazaron con abandonar a formación se se confirma a designación. O presidente ourensán dixo que a elección dos deputados será democrática, segundo “o proceso que se fai en todos os lugares. Tomaremos a decisión que vexamos que é máis importante para o PP.”
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto