 
 
Os acordos terán un orzamento próximo aos 600.000 e estarán financiados ao 80% con fondos europeos.
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar asinará dous convenios de colaboración coa Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI) para promover o acceso ao mercado laboral das persoas con discapacidade física. Os acordos, que autorizou este xoves o Consello da Xunta, terán un orzamento de case 600.000 euros. 
  O primeiro dos acordos está destinado a actividades do ano 2007 para persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Estarán centradas na formación profesional e contarán con complementos de orientación para favorecer a inserción laboral, especialmente das mulleres con discapacidade. Este convenio terá un orzamento de 427.516 euros, dos que o 80% procede de fondos da Unión Europea. 
  A outra sinatura permitiralle a COGAMI financiar o programa de formación ocupacional que se vai impartir no centro Fingoi, en Lugo, para persoas con grave discapacidade física. Este outro acordo terá un importe de 156.500 euros e forma parte do Programa Operativo do Fondo Social Europeo para o período 2007-2013.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto