 
 
A Asemblea da Unión Africana estuda en Ghana o que o presidente de Libia definiu coma o posíbel "Estados Unidos de África".
"A integración política, económica e social é a mellor forma que se coñece no mundo para impulsar  activamente a promoción do desenvolvemento, previr conflitos e darlles mellores solucións candos os hai", opinou Antonio Guterres, Alto Comisionado da ONU para os Refuxiados e convidado ao evento organizado pola Unión Africana.   
  
  O proxecto de avanzar a través dunha institución conxunta fora posto na mesa por vez primeira en 1957 por Kwame Nkrumah, histórico líder protagonista da independencia de Ghana e precursor do pan-africanismo. Estes días ten no seu defensor máis público ao presidente libio, Muammar Gaddafi.   
  
  Con todo, hai voces no cumio que advirten de que este debate avanza moi lentamente e no entanto consume esforzos que deberan adicarse a tarefas urxentes arredor de conflitos puntuais. Así, os casos de Darfur, Somalia ou Cimbabue non aparecen entre as prioridades agora mesmo.   
  
  Recomendámoslles o seguemento na BBC.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto