 
 
O escritor Xabier Cordal tráenos unha nova proposta para a serie de relatos “Onde sempre é bosque”.
A calor apreta e un busca as sombras dunha fraga mesta. Logo de Anxo Angueira e de Teresa Moure, agora é Xabier Cordal o que nos leva até as terras máxicas do Caurel cun relato que provoca inquedanza e que dará moito que pensar: “O desexo de Weasel”. 
A mellor literatura do país seguiranos a acompañar semana a semana até a chegada do outono. Nos meses de xullo, agosto e setembro irán aparecendo novas achegas escritas, entre outros, por autores coma Darío Xohán Cabana, Manuel Rivas, Rosa Aneiros, Fina Casalderrey ou Méndez Ferrín.
Xa sabes, para buscar a mellor sombra non dubides en deixar todo e perderte “Onde sempre é bosque”.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto