 
É o segundo ano consecutivo que a piscina olímpica do Complexo deportivo Pontemuíños acolle o Campionato galego de verán nas categorías júnior e absoluta.
As probas celebraranse os días 6, 7, 8 de xullo, segundo acordaron a Federación Galega de Natación e o Clube Natación Galaico-Sercoysa, os organizadores da competición.
Hanse xuntar en Pontevedra un total de 272 nadadores (132 homes e 140 mulleres): son os mellores nadadores galegos, e algúns deles fan parte da selección que acadou recentemente, tamén en Pontemuíños, o cuarto posto no Campionato Estatal.
Nesta proba compiten 22 clubes galegos, mais o organizador, o Clube Galaico-Sercoysa é o que mais nadadores ten clasificados para este Campionato (29), seguido do Náutico de Vigo (26), o Natación Coruña (25) e o Natación Ferrol (23).
O vindeiro domingo saberanse os nomes dos novos campións galegos nestas categorías.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto