 
 
Exipto e Xordania encabezarían este importante paso para rebaixar a tensión en Oriente Próximo.
O pleno recoñecemento do Estado de Israel por parte dos veciños árabes, dunha banda, e a creación do Estado palestino e a retirada dos israelís de zonas ocupadas, polo outro lado, estarán na axenda do plan de paz sobre o que intercambiarían impresións os representantes da Liga Árabe xunto co goberno de Israel.   
  
  O inédito xesto tería que ver tamén coa interese dalgúns gobernos da zona en crear condicións que non faciliten o crecemento das posicións islamistas máis radicais. O ministro israelí de Exteriores, Mark Regev, avanzou detalles esta fin de semana. O próximo xoves, os ministros de Exteriores de Xordania e Exipto viaxarían a Xerusalén para as primeiras conversas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto