 
Chegaron líderes a unha última xornada que non se celebrou por mor da falta de vento. Nesta proba dábanse o 75 % das prazas dos Xogos Olímpicos
Os regatistas galegos volveron gañar o Mundial da clase tornado nas augas portuguesas de Cascais, aínda que xa se tiñan clasificado antes para os Xogos Olímpicos do ano que vén.
A regata final, a Medal Race -que puntúa o duplo- non se celebrou por mor do forte vento, e  a organización outorgou o liderato definitivo ao dueto galego, que xa era líder dende antonte. 
Echavarri e Paz terminaron como campións do mundo por diante dos belgas Brouwer e Godefroid e dos holandeses Booth e Nieuwenhuis.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto