 
Verín, Barco de Valdeorras, Lalín, Carballo, Viveiro, Vila do Conde, Barcelos, Matosinhos, Mirandela e Famalicão.
 
											Luís Filipe Menezes, alcalde de Vila Nova de Gaia
A Asemblea Xeral do Eixo Atlántico reuniuse este martes na cidade portuguesa de Vila Nova de Gaia co fin de ratificar a incorporación de dez novas vilas das dúas beiras do Miño. 
  A xuntanza, presidida polo alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, ten lugar no Salón Nobre do Concello de Vila Nova de Gaia. No acto ratificarase, se procede, a adhesión de Verín, Barco de Valdeorras, Lalín, Carballo, Viveiro, Vila do Conde, Barcelos, Matosinhos, Mirandela e Famalicão, que pasarán a formar parte do Eixo a partir de 2008. 
Este será ademais o primeiro acto oficial de Luís Filipe Menezes, alcalde de Vila Nova de Gaia, como presidente da organización. Tras a xuntanza ten lugar unha recepción na Casa da Presidência de Vila Nova de Gaia. Pola tarde inaugrouse a Praza do Eixo Atlántico, situada na Avenida da República.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto