 
A vindeira sexta feira comezan estes xogos na cidade bretona de Morlaix.
Os Xogos Náuticos Intercélticos foron creados en 1995 en Bretaña, e dende aquela teñen percorrido o conxunto de rexións e países celtas: o País de Gales, Galiza, Cornualles, Escocia, Asturias, o Norte de Portugal e Irlanda. En 1997 celebráronse en Ferrol, e no 2004 n' O Salnés.
É un gran encontro dos deportes náuticos -vela, surf, carreras de kaiak, remo- e tamén das culturas celtas, e tense convertido nun evento ineludíbel nos veráns da Europa Occidental. Cada ano, entre 600 e 800 competidores, acompañados de varios grupos de músicos e de bailaríns da súa terra, xúntanse nun ambiente cordial, amigábel e deportivo.
Os Xogos Náuticos Intercélticos están recoñecidos polas Federacións Internacionais dos deportes náuticos (vela, remo, surf...).
A participación galega
Galiza participa con 5 federacións: Vela, Surf, Remo, Piragüismo e Actividades Subacuáticas, sendo a expedición galega, entre deportistas e técnicos, de 110 persoas. Os galegos convidados este ano a Morlaix teñen previsto viaxar á Bretaña na sexta feira, 13 de xullo, cara a sede dos xogos.
Edicións anteriores dos Xogos
1995: Bretaña - Francia (Presqu'île de Crozon) 
1996: País de Gales - Gran Bretaña (Tenby) 
1997: Galiza  (Ferrol) 
1998: Cornualles - Gran Bretaña (Bude) 
1999: Ecosse - Gran Bretaña (Largs) 
2000: Asturias (Xixón) 
2001: Norte - Portugal (O Porto) 
2002: Donegal - Irlanda (Ballyshannon) 
2003: Bretaña - Francia (Pays de Morlaix) 
2004: Galiza (O Salnés) 
2005: Asturias  (Xixón) 
2006: Cornualles - Gran Bretaña (Falsmouth) 
2007: Bretaña - Francia (Pays de Morlaix)
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto