 
 
A resolución sóubose na quinta feira, no Xulgado número 4 d'A Coruña, onde acudiron os traballadores despedidos da filial de Telefónica.
Só 14 dos case 200 traballadores que Atento, a filial da empresa española Telefónica despedira n'A Coruña terán que ser indemnizados con 45 días de soldo por ano traballado. O resto terá que gardar a súa quenda.
Ao se coñecer esta resolución, o presidente do Comité de empresa, Manuel Creo, dixo estar satisfeito, aínda que insistiu en que lle gustaría que "fosen declarados todos despidos nulos", xa que, a pesar de que é positivo que reciban unha indemnización, "perden os seus postos de traballo", sentenciou.
 Poren, aínda amosou a súa "esperanza de que o resto dos xuíces admitan o despedimento nulo para aqueles traballadores que o solicitaron".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto