 
Esta fin de semana volve á carga a Liga Galega de Traíñas, con dúas probas en augas do atlántico que puntúan na clasificación nacional, liderada até o de agora polo Tirán de Moaña.
O sábado... en Boiro
Volve a Liga Galega de Traíñas, con dúas regatas puntuábeis a celebrar na fin de semana. A primeira é para a tarde do sábado: trátase da segunda edición da 'Bandeira Concello d'A Pobra do Caramiñal', organizada polo C.R. Puebla.
Nesta proba as tripulacións de cada tanda saen coas popas enfrontadas, o que fai que estas se entrecrucen até catro veces en toda a regata, mentres o espectador tenta atender todo o tempo, para non perder un chisco da proba.
O domingo... en Moaña
No peirao de Meira, en Moaña, as traíñas de Liga Galega xuntaranse todas para facer unha boa carreira e ir escalando posicións na táboa clasificatoria. A proba do domingo está organizada pola S.D. Samertolameu.
As cousas aínda están moi reñidas, cando fican por celebrarse unha ducia de probas, incluída esta. A Clasificación da Liga Galega de Traíñas, até o de agora, é a que segue:
1- S.D. Tirán, 39 puntos.
2- S.D. Samertolameu, 35 puntos.
3- 	R.C. Náutico de Vigo, 34 puntos.
4- 	C.Regatas Perillo, 	32 puntos.
5- 	C.R. Chapela, 	27 puntos.
6- 	A.D. Esteirana, 	23 puntos.
7- 	Amegrove C.R., 	24 puntos.
8- 	C.R. Coruxo, 	  	  	  	  	  	  	  	  	  	  	  	  	21 puntos.
9- 	C.R. Puebla, 13 puntos.
10- 	C.R. A Cabana, 15 puntos.
11- 	Credimotor C.R. Ares, 	  	  	  	  	  	  	  	  	  	  	  	  	13 puntos.
12- 	C.Mar de Castropol, 7 puntos.
13- 	S.D. As Xubias, 4 puntos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto