 
 
Os socialistas xestionarán seis áreas e os nacionalistas dúas.
"Unha nova Deputación de Lugo é posíbel", foi unha das frases escollidas por Xosé Ramón Gómez Besteiro, quen presidirá a institución provincial, para presentar a nova etapa, despois de case 25  anos co popular Francisco Cacharro no poder. Gómez Besteiro dixo estar seguro de que o acordo crea a base para un goberno "estábel e responsábel". Durante a comparecencia conxunta, o representante do BNG, Xosé Antón Bao, quen asumirá a vicepresidencia primeira da Deputación, destacou o esforzo realizado polas dúas formacións políticas para deseñar un pacto "sólido".     
  A distribución do novo goberno  
   
   1.	A Presidencia e Vicepresidencia 2º recaerán nos/as candidatos/as do PSdeG-PSOE  
   2.	As Vicepresidencias 1º e 3º recaerán nos/as candidatos/as do BNG    
   3.	A Xunta Local de Goberno estará composta polo Presidente, 3 Vicepresidentes (con delegación de área) e 5 Delegados/as de área. Tratará e resolverá por consenso tódolos asuntos políticos antes da súa xestión, ou de ser elevados ó Pleno da Corporación.    
   4.	Haberá oito áreas de xestión delegadas:  4.1.	Economía, Facenda e Especial de Contas			PsdeG-PSOE  
   4.2.	Benestar Social, Igualdade, Xuventude e Turismo		BNG  
   4.3.	Promoción Económica e Emprego				PSdeG-PSOE  
   4.4.	Cooperación e Asistencia ós Concellos			PSdeG-PSOE  
   4.5.	Persoal e Réxime Interior					PSdeG-PSOE  
   4.6.	Cultura, Deportes, Educación e N. Lingüística		BNG  
   4.7.	Urbanismo e Medio Ambiente					PSdeG-PSOE  
   4.8.	Infraestructuras e obras					PSdeG-PSOE  
   
   5.	A Presidencia  exercerá  a dirección dos Servizos de Protocolo, Comunicación Social, edición do BOP, das TICs-Tecnoloxías Informativas e da Comunicación, do Parque Móbil e do Plano Estratéxico da provincia.  
   
   6.	Os diferentes centros e/ou unidades adscribiranse ás Delegacións :  
   6.1.	Benestar Social, Igualdade, Xuventude e Turismo:    		a UPT- Unidade de Promoción Turística  
   6.2.	Promoción Económica e Emprego:    		o Centro de Artesanía e Deseño    		a Granxa Gaioso Castro  
   6.3.	Cultura, Deportes, Educación e N. Lingüística:    		a Rede de Museos    		o ILEA.  
   6.4.	Urbanismo e Medio Ambiente      Centro Cinexético Pazo de Tor	  
   
   7.	Os tres grupos políticos contarán con local e medios técnicos, económicos e humanos para desenvolver o seu labor político.  
   
   8.	A Xunta de Portavoces reunirase coa periodicidade necesaria.    
   
   9.	O Consello de Administración do INLUDES estará formado polo Presidente, Vicepresidente 1º, 4 deputados/as do PSdeG-PSOE, 1 deputado/a do BNG, 1 deputado/a do PP e 6 membros de libre elección. Serán nomeados pola Xunta Local de Goberno, a proposta do Presidente, e ratificados polo Pleno.    
   
   10. O Padroado da Fundación TICs estará formado polo Presidente, 2 deputados/as do PSdeG-PSOE, 1 deputado/a do BNG e 1 deputado/a do PP e 2 membros de libre elección. Serán nomeados pola Xunta Local de Goberno, a proposta do Presidente, e ratificados polo Pleno.    
   
   11.	Adquirese o compromiso de revisión e reformulación de tódolos regulamentos e/ou estatutos dos diferentes organismos autónomos, sociedades ou fundacións dependentes da Deputación para garantir a súa lexitimidade de acordo coa legislación vixente, a participación de todo os grupos políticos, a transparencia de xestión e a súa coordenación coas respectivas consellerías da Xunta de Galicia e outras administracións.  
   
  Seguimento dos acordos 
   No ámbito da Deputación de Lugo constituirase unha comisión paritaria para concretar e desenvolver a aplicación deste acordo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto