 
 
É a edición número dezaoito desta festa que cada ano, unha semana antes do Día da Patria, organiza este local social pontevedrés.
Mais un ano, e van polos dezaoito, Pontevedra acolle a celebración da Festa da Independência, cun xantar na Revira e logo música e festa, como é debido. 
O convite é para este sábado 21 de xullo a partir das 14 horas, no local social pontevedrés.
A Revira é un Local Social de Pontevedra; un espazo alternativo galego inserido na comarca pontevedresa, fundado en 2003. Alí organizan cuchipandas mensuais, e festas puntuais, cada ano, coma este "ao servizo do movemento popular". 
Con esta festa adiántanse uns días as celebracións reivindicativas que se suceden por toda Galiza á volta do Día da Patria.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto