 
 
Tamén pretende captar investimentos de compañías estranxeiras.
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presentou este mércores o portal de internet ByGalicia. A nova ferramenta nace coa vocación de “posicionar a Galiza no mercado global”. Ademais de mellorar a proxección das empresas propias, o portal quere atraer investidores internacionais. Blanco asegurou que ByGalicia é “un posicionamento, unha imaxe e unha marca de país”.
Entre outras, o portal ten unha sección co cabeceiro de “Oportunidades de negocio” que dispón de información dos sectores empresariais galegos, con datos de máis de 70.000 empresas e dos seus produtos e servizos.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto