 
 
Ducias de ONGs apoian a reclamación para que se fagan públicos os ingresos xerados polas explotacións mineiras que vencellan a xigantes do sector con gobernos de países en desenvolvemento.
Impostos, canons, taxas, primas, comisións... As transaccións realizadas entre diversos departamentos dos gobernos e grandes empresas do sector extractivo son moitas veces bastante escuras. 
A situación é tanto máis grave cando en moitos destes países a situación social e económica é mala abondo como para que a claridade nas contas deba considerarse unha prioridade. Ducias de ONGs de todo o mundo xuntan por iso esforzos para esixir que a sociedade saiba os cartos que están xerando os recursos naturais e como se están xestionando. 
"A transparencia nestes ingresos é un primeiro chanzo decisivo para a redución da estrema pobreza dos cidadáns de moitos países, que son ricos en recursos pero onde a maioría da xente vive pobre", sostén o proxecto Fai público o que pagas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto