 
A agrupación teatral barcelonesa colabora nunhas xornadas que son un referente cultural na comarca de Valdeorras.
Furafollas compartirá dende hoxe escenario e programa coa FDG Teatro de Córgomo, onde levarán o seu espectáculo "Os Troleiros de Provença", ben coñecido polo público barcelonés, e por onde tamén pasarán as "Pantasmas Familiares" de Quico Cadaval. 
  
  As xornadas teatrais son organizadas anualmente pola Asociación Cultural Florencio Delgado Gurriarán. Entre os obxectivos que ten a entidade están dinamizar a comarca valdeorresa seguindo o exemplo do poeta, nacido en Córgomo e que da nome á asociación, e demandar á Real Academia Galega que se lle dedique o Día das Letras Galegas. 
  
  Tamén pretende achegar a literatura ao público a través do teatro, potenciar a toponimia e os xogos tradicionais e traer anualmente un grupo de teatro portugués, seguindo a fuxida de Florencio Delgado Gurriarán no 1936 cara a Portugal. Como cada ano, faise unha homenaxe á un membro da Real Academia Galega: nesta edición o agasallado será o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín.   
  
  A Agrupación Teatral Furafollas e a Asociación Cultural FDG son membros de Rede.cat. Na web das xornadas teatrais pódese ver o programa completo.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto