 
 
Desde o peirao mugardés saíu este domingo unha marcha cidadá que camiñou até á porta da Casa do Concello, onde hai unha semana que se encerrou un grupo de veciños.
Este luns, os veciños suman unha semana desde que o pasado 23 de xullo decidiran iniciar un peche  no Concello de Mugardos en protesta polas dificultades para accederen a información sobre o plan de emerxencia da planta de Reganosa.   
  
  Organizados a través da plataforma de veciños O Cruceiro, hai xa anos que presentaran alegacións ao proxecto, alertando de que a regasificadora se estaba construíndo apenas a 80 metros da casa máis próxima.   
  
  En convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia, cazolos, tambores e gaitas soaron este domingo no lugar en apoio da mobilización.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto