 
A SGAE reclamáballe ao Buena Vistilla Club Social 783,78 euros.
 
											Unha sentenza da Audiencia Provincial de Madrid dálle validez por primeira vez no estado ás licenzas Creative Commons e Copyleft. 
A Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) reclamáballe 783,78 euros ao estabelecemento Buena Vistilla Club Social en concepto de comunicación pública por obras do seu repertorio.A sentenza de primeira instancia xa lle dera a razón ao local, representado polo avogado Enrique Helguera de la Villa. 
No texto non se citaba especificamente o termo "copyleft" nin "licenzas Creative Commons", senón o de "música relativamente descoñecida", o que animou a sociedade de autores a apelar a resolución. Até o momento, a SGAE desistira de recorrer casos en que se usase como argumento da defensa o uso de música libre, para evitar o seu recoñecemento legal.
Coa sentenza, remátase coa presunción de que a SGAE teña dereito á xestión exclusiva do repertorio universal das obras musicais, e recoñécese a posibilidade de que os creadores poñan ao dispor do público copias dixitais das súas obras sen intervención da industria. Deste xeito, os estabelecementos poden difundir publicamente música libre -que non pertence ao repertorio da sociedade de autores- sen lle ter que aboar ningunha compensación á SGAE.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto