 
 
Xa vende en 70 países do mundo e pretende introducir no mercado europeo condóns con sabor a chicle.
 
											Caixa de preservativos aromáticos de HLL
Hindustan Latex Limited, empresa pública da India, está a piques de se converter no segundo fabricante mundial de preservativos. Os seus produtos, adaptados ao mercado do país, estanse a popularizar tamén noutros países e axiña chegarán a Europa. 
  A empresa foi centro da polémica hai uns meses polo lanzamento de Crezendo, un lote de preservativos cun anel vibrador que se anuncia como “un pasaporte á República do Pracer”. O ministro de asuntos públicos do estado de Madya Pradesh, Kailash Vijaywargiya pedira a retirada do produto, por consideralo un xoguete sexual que ameazaba a moral e as tradicións indias. Pero a súa reclamación non saíu adiante, pois o goberno do país loou a iniciativa de HLL. 
  O xornal francés Le Monde explica que a empresa, ao bordo da creba nos anos 70, conseguiu reinventarse e adaptarse ás necesidades dos usuarios, con produtos como condóns con aroma a rosa, xasmín e almiscre. A compañía pública introduciu na India os preservativos fluorescentes e mais unha modalidade que asegura ereccións duradeiras, denominada All night. 
  A India ten un mercado en grande crecemento para este tipo de produtos, co 70% da poboación menor de 30 anos. HLL xa está presente en 70 países e vende 120 millóns de preservativos ao ano no continente africano. Agora, un distribuidor francés encargoulle a fabricación do primeiro condón ao chicle para o mercado europeo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto