 
Un grupo de persoas manifestarase diante do Coliseum pouco antes de que comece a corrida de touros das festas de María Pita.
A sociedade protectora de animais Gatocán, da Coruña, organiza unha concentración antitaurina para este sábado. A asociación pretende concienciar a poboación sobre o maltrato animal que supón a tauromaquia. Por iso, convocan unha protesta pacífica diante do Coliseum da cidade ás seis da tarde, unha hora antes de que comecen as corridas. 
  A presidenta da asociación, Beatriz Martín, explicou as motivacións da acción de protesta.
  Vieiros: Como decidiron levar a cabo a convocatoria? 
  Beatriz Martín: Porque estamos contra as corridas de touros. Parécenos unha vergoña que se lles chame “festa nacional”. Que polo menos lle cambien o nome. 
  V: Van facer algún tipo de reivindicación? 
  B. M.: Imos facer unha manifestación pacífica. Estamos en contra da violencia e da tortura. Queremos demostrar que A Coruña é unha cidade pacífica e non desexamos que ninguén poña a nota discordante. 
  V: É a primeira manifestación deste tipo que fan? 
  B. M.: Si. Somos unha sociedade nova. Levamos dende o 18 de abril de 2006. Esperamos seguir traballando a favor dos dereitos dos animais. 
  V: A Coruña é unha cidade afeccionada ás corridas de touros? 
  B. M.: Non, A Coruña nunca destacou por ser taurina, pero ultimamente volvéronse introducir as corridas, por iso queremos manifestarnos en contra deses malos tratos aos touros.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto