 
"Façamos já um outro mundo!", propoñen desde o Brasil, ao tempo que presentan a convocatoria para o próximo 26 de xaneiro de 2008.
 
											No Brasil quenta motores a convocatoria para a acción global dos colectivos alterglobalizadores. Un compromiso para toda unha semana de de actividades que culminará na que pretende ser unha xornada de forte relevancia en todo o mundo: o Día de Mobilización e Acción Global o 26 de xaneiro de 2008.   
  "Hai moitos anos que estamos resistindo e construíndo procesos innovadores, de novas culturas de organización e acción, do local ao global, en particular, a través dos procesos e Carta de Principios do Fórum Social Mundial, do cal emerxe esta chamada", indican. Cara á esta data, un dos obxectivos principais e a converxencia de campañas e a alianza de proxectos para "aumentar o impacto" de todas as convocatorias. Como anticipo, esta fin de semana fálase destas e outras metas no Fórum Social Nordestino.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto