 
 
SOS Courel presenta esta semana a conclusión da campaña de sinaturas a prol da iniciativa lexislativa popular.
Hai pouco máis dun mes que a plataforma SOS Courel sumaba arredor de dez milleiros de sinaturas en apoio do Courel e contra o máis de medio cento de explotacións mineiras que ameazan a zona. Agora, a comezos de agosto, o conxunto de colectivos que apoian a causa superou xa o límite estabelecido para a presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular en defensa do Courel. Son 20 mil as conseguidas nesta altura.  
  
  Por outro lado, SOS Courel convocou para o próximo sábado día 11 a festa da "Revolta" no lugar de Froxán. Un evento en favor da paz "cultural e ambiental" para "esta terra e todas as terras".
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto