 
 
Os ecoloxistas ourensáns únense a unha nova edición desta campaña mundial. Calcúlase que anualmente até 40 millóns de persoas en todo o planeta participan do chamamento.
Trátase dun "esforzo comunitario masivo" para restaurar o medio ambiente. Un compromiso colectivo que a cada ano que pasa vai xuntando máis seguidores, estimulados por colectivos ecoloxistas de todo o mundo. "A limpar o mundo" é unha iniciativa promovida desde a ONU a través do seu programa de ambiente.   
  
  Na cidade das Burgas serán en principio arredor de 300 rapazas e rapaces do campamento urbano "Amencer" os que protagonicen a convocatoria este ano. Mais como en anos anteriores, desde Amigos da Terra agardan que se unan moitas outras persoas. O colectivo organizará ademais actividades paralelas de sensibilización cara ao medio.   
  
  A zona escollida para a limpeza é o contorno de Oira. Os eco-limpadores son convocados para as 11h15 deste venres por baixo da ponte nova.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto