 
O galego gañou outra proba da Copa de Mundo, e axudoulle ao combinado estatal a levar o bronce no Campionato de Mundo por equipos.
O sábado...
... o triatleta ferrolán quedou primeiro en Tiszaujvaros (Hungría), na que foi a súa terceira vitoria da nunha proba puntuábel para a BG Copa do Mundo de Triatlón. Gómez Noya está a un nada de revalidar o seu título de campión do mundo, despois de gañar con autoridade cun tempo de 1 h. 47 minutos e 44 segundos, xusto o que tardou en percorrer 1.500 metros de natación, 40 quilómetros de ciclismo e dez quilómetros de carreira a pé. 
E o domingo... 
... Gómez Noya volvía correr, esta vez con todo o combinado estatal, que forma xunto con Francesc Godoy e José Manuel Tovar. Os tres gañaron a medalla de bronce no Campionato do Mundo por equipos, que tamén se celebrou na cidade húngara de Tiszaujvaros. No campionato Rusia conseguiu o ouro e Alemaña a prata. A diferencia da selección estatal con Rusia foi só de quince segundos. Na categoría feminina, a selección española foi oitava. 
A do domingo é a cuarta medalla do Estado nun Mundial por equipos, no que leva dúas de prata e dúas de bronce: dúas son dos homes e dúas das mulleres.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto