 
Cultura argalla unha orixinal promoción. Os anuncios, que se emitiron en xuño en varias canles europeas, poden verse agora na web.
 
											Imaxe do anuncio
A Consellaría de Cultura e Deporte xa amosa na súa web as imaxes promocionais de Galiza que se poderán ver na gala da Vuelta Ciclista a España o 31 de agosto. Son en total oito pezas da campaña “Galiza, espírito de auga”, que xa se emitiu en varias televisións europeas durante o Campionato Europeo de Augas Tranquilas, que se desenvolveu en xuño en Verducido. 
  Os anuncios amosan paisaxes do noso país tomadas dende o aire: ríos, praias, cantís, rías e deltas fluviais pódense aprezar nos vídeos que se poden ver ou descargar nunha páxina específica da consellaría. A campaña foi promovida por Cultura e Deporte coa colaboración da Dirección Xeral de Turismo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto