 
 
O director xeral de Conservación da Natureza tenta calmar ao sector ante a manifestación organizada este venres en Ourense.
A Consellería de Medio Ambiente  tenta temperar os ánimos dos agricultores da Limia, que este venres maniféstanse en Ourense contra a creación dunha Zona Especia Protección para as Aves (ZEPA) nesa comarca.  O Sindicato Labrego Galego (SLG) di que se limitarán os cultivos e que non se poderá modernizar os regadíos.
   O director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, nega, en declaracións a Vieiros, estes límites. Reza argumenta que a declaración dunha ZEPA non implica a prohibición de ningún cultivo. Por iso, acusa ao SLG de alarmar os agricultores con datos erróneos.
  Iso si, admite que, se a Xunta comproba “a medio prazo” que algunha das especies protexidas míngua poderíanse tomarse “unha serie de medidas”.  En todo caso, o director comprométese a negociar estas restricións co sector. Tamén asegura que a extensión da área proposta pola Xunta é susceptíbel de discusión.  
Imposición da UE
 Ademais explica que “a ZEPA non é un capricho da Xunta, hai unha sentencia firme do Tribunal de Luxemburgo que nos obriga a súa creación”.  Argumenta, tal e como indicara ADEGA, que a promulgación da zona pode abrir a porta á chegada de novas axudas da Unión Europea.
   En todo caso, Reza promete “reunirse con todo o mundo” e ter en conta as “alegacións que sexan razoábeis”.  Así e todo, o director evita falar prazos para a creación da zona.
  Cualifica de “incríbeis” as acusacións de non ter informado oficialmente ao sector con suficiente antelación, pois o director xeral di que é a primeira proposta de ZEPA  que a Xunta publica no DOG. 
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto