 
Marta Souto acompañará aos nenos e nenas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete nesta operación ciclista, incluída nas actividades arredor da 'Vuelta'.
A Volta + Nov@s chega a Santiago de Compostela a segunda feira 27 de agosto, tras ter pasado por Allariz o día 14. Esta actividade xa estaba prevista para o mércores 22, mais foi suspendida polo pasamento da nai do presidente da Federación Galega de Ciclismo.
Esta pequena volta para os cativos e cativas está incluída dentro das actividades promocionais da saída da 'Vuelta Ciclista a España 07', e está organizada pola Federación Galega de Ciclismo, en colaboración coa Fundación Deporte Galego, e a Fundación Ciclismo Galego. 
Ademais das carreiras federadas, -para as categorías benxamín, alevíns e infantil e cadetes-, todo o mundo poderá participar nunha gymkana onde demostrar as súas habilidades ciclistas e, ao tempo, poderán pasar unha tarde diferente, cunha ciclobiblioteca, con contacontos e obradoiros de animación á lectura.
Quen queira participar, só se ten que inscribir o mesmo día no Estadio de San Lázaro, onde se van desenvolver todas estas actividades, un chisquiño antes de que comezan, aí por volta das 17:00 horas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto