 
 
Miles de veciños das sete localidades afectadas amosaron o seu rexeitamento ao proxecto.
A asociación ecoloxista Adega e veciños afectados polo Plan Sectorial de Acuicultura entregarán o mércores “miles” de sinaturas e “centos” de alegacións para solicitar a paralización do proceso. O impacto ambiental e a contaminación que producirán na costa esas infraestruturas son os principais motivos da reclamación. 
  As localidades afectadas polo plan, e onde se recolleron as sinaturas, son Arou, en Camariñas; Corrubedo, en Ribeira; Fazouro, en Foz; Fisterra; Malpica; Quilmas, en Carnota, e Seráns, en Porto do Son. Adega está a levar a cabo accións contra o Plan Sectorial de Acuicultura da Xunta, que tacha de “insustentábel” e que pode “hipotecar o mellor do litoral para favorecer os intereses das transnacionais da pesca e do cemento”. 
  Segundo Adega, existe complicidade entre o Goberno e ese modelo “destrutivo”, que lle dá prioridade aos proxectos das multinacionais concedéndolles “subsidios millonarios”. Ademais, o dano que provocan esas industrias é maior, ao escolleren as zonas costeiras máis ricas e menos contaminadas para se estabeleceren. Ademais, os novos modelos do Plan Acuícola substitúen substituír o modelo sustentábel que lles “daba vida” aos habitantes da zona por un modelo extractivo perigoso para o emprego e o medio ambiente. 
  A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza detallará os motivos das alegacións ao plan nunha conferencia no Club Internacional de Prensa de Compostela, despois da entrega das sinaturas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto