 
Tamén haberá autobuses gratuítos e rutas en bicicleta con motivo da Semana Europea da Mobilidade
 
											O Concello do Barco de Valdeorras vai lanzar un programa para que os veciños compartan vehículo. A través da web municipal, as persoas interesadas poderán poñerse en contacto con aqueles que queiran aforrar custes e, asemade, preservar o medio. 
A iniciativa da Concellería de Medio Ambiente, baixo o título 'O Barco sen o meu coche', funcionará a partir do 22 de setembro, cando comeza a Semana Europea da Mobilidade, segundo informa o xornal ourensán La Región.
Algo común en Alemaña
   Compartir automóbil é algo inhabitual na Península, mais en outros países europeos, especialmente en Alemaña, existen numerosos negocios que poñen en contacto a cidadáns que van facer a mesma ruta para que viaxen xuntos e así reduzan os gastos do combustíbel. 
Ademais do programa de autos compartidos, o municipio do Barco organizará percorridos en bici e servizos gratuítos de autocarros entre as parroquías do concello.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto