 
Vaino redactar a Asociación de Enxeñeiros en Telecomunicación coa axuda da Real Academia e a Universidade de Vigo.
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) vai redactar o primeiro Dicionario Enciclopédico Galego das Tecnoloxías da Información. Así o anunciou hoxe a Consellaría de Industria, que aportará máis de 167.000 euros para o proxecto.
Actualización continúa
A elaboración da obra tardará tres anos e estará dispoñíbel en liña nos portais da AETG, da Real Academia e da  Escola Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo, que tamén colaborarán no proxecto.
Seminarios
Un dos aspectos máis salientábeis é que o Diccionario actualizarase "de xeito permanente". A  Xunta tamén promete a creación "de  grupos de traballo para o desenvolvemento conxunto da lingua e das tecnoloxías".
Ademais, Industria vai financiar catro seminarios en cidades para promocionalo e "incorporar, ao mesmo tempo, a personalidades locais dos ámbitos de interese".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto