 
 
Mentres o alcalde socialista, Abel Caballero, aposta polo modelo de 28 concellos, o BNG e o PP defenden outro coa metade de municipios.
Os alcaldes de Moaña, Gondomar, O Porriño, Salceda de Caselas e Cangas, os tenentes de alcalde de Vigo, Nigrán e Redondela, e os voceiros do BNG de Baiona, Soutomaior, Fornelos de Montes, Mos, Salvaterra e Pazos de Borbén manteñen nesta mañá de sábado unha xuntanza no Hotel NH Pazo de Vigo para debateren sobre a futura Área Metropolitana que integrará a cidade olívica.
 
 Tamén participan os secretarios de Organización e Acción Municipal da Executiva do BNG, Alberte Ansede e Roberto Mera, respectivamente; o voceiro parlamentario, Carlos Aymerich; a deputada no Congreso, Olaia Fernández Davila e varios deputados autonómicos e provinciais.
 
 As propostas arredor da área metropolitana de Vigo son contraditorias: mentres o o socialista Abel Caballero, rexedor da cidade, propón un organismo con 28 municipios en que el mesmo sexa o presidente nato, o tenente de alcalde vigués, Santiago Domínguez (BNG), reclama volver á proposta orixinal de 14 Concellos, que tamén defende o PP, e retomar o debate dende onde se deixou. Mesmo o conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, propuxo a creación dunha área que incluíse Vigo e Pontevedra.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto