 
O Goberno inviste 360.000 euros nesta ferramenta e nun dicionario con correspondencias co portugués, castelán e inglés
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe un concurso polo que a Xunta busca un sistema de tradución automático do galego ao castelán, do galego ao inglés e do inglés ao galego. O sistema será publicado na rede, polo que os cidadáns poderano empregar de xeito gratuíto. 
Agora mesmo en internet  están dispoñibles sistemas de tradución de balde entre galego,castelán e outras linguas peninsulares; pero non entre galego e inglés, idioma dominante no ciberespazo. 
Será propiedade da Xunta
 A secretaría xeral de Política Lingüística gastará case 300.000 euros no tradutor, que ademais de texto, será quen de traballar con páxinas web e documentos con formato DOC, RTF, XML e ODT; entre outros. Nos requirimentos do concurso non se especifica que o software terá que ser de código aberto, pero, en todo caso, “o sistema pasará a ser propiedade da Xunta”, segundo explica un voceiro da Xunta. 
Dicionario galego-portugués
Ademais, Política Lingüística abriu outro concurso para a “publicar na internet un dicionario de galego con correspondencias en castelán, portugués e inglés” no que investirá máis de 60.000 euros.   As empresas interesadas en presentar ofertas a calquera dos dous concursos unicamente teñen quince días para facelo, ata o próximo 25 de setembro.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto